Dende a escola e contando co financiamento da Deputación da Coruña, este ano 2021 elaboramos unha curta documental para visibilizar o impacto da Covid nas mulleres do rural. “Vouvos contar unha cousa” é unha curta realizada por Lucía Catoira Pan e que xorde de dúas conversas con dúas mulleres: Nieves López Paz e Magdalena López Bellón, dúas das participantes de Espadela en 2020.
Trátase dunha peza documental feita con moito coidado e agarimo no marco da escola EspadELA. Na edición de 2020, a escola non parou a súa actividade a pesar da pandemia, e mesmo evidenciuse a necesidade de contar con espazos propios e recuperar o encontro coas compañeiras. Con este traballo queremos poñer en valor a vida cotiá e ás mulleres que sacan a diante o día a día, nos seus fogares, nos seus traballos, nas súas aldeas. E queremos contar tamén como están convivindo coa COVID-19. A través dos ollos de Neves e Lena, e das súas palabras, procuramos a esperanza de camiñar xuntas cara un escenario onde celebrar a saúde e a vida, desde unha perspectiva feminista.
Despois de facer unha presentación en Valdoviño e en Cabanas, hoxe publicamos o vídeo nas nosas redes. Dende hoxe está dispoñible en aberto na nosa canle de youtube.