
Nós

Tania Merelas Iglesias
Doutora en Ciencias da Educación, posgrao en Xénero e Políticas Públicas de Igualdade e diplomada en educación social.

Beatriz López Rey
Licenciada en Ciencias Políticas, posgrao en Cooperación Internacional e Xestión de ONG.

Juanjo Lorenzo Castiñeiras
Doutor en Ciencias de Educación e licenciado en Socioloxía.

Belen Gavín Bermúdez
Licenciada en Psicoloxía, posgrao en Xénero e Igualdade e mestrado en Orientación Educativa.
Factorías de traballo
Investigación-acción
Deseñamos, executamos e avaliamos investigacións, estudos e plans de acción no ámbito socioeducativo e da igualdade de xénero. Tamén elaboramos materiais específicos de prevención, sensibilización e atención en formato escrito, gráfico ou adiovisual: tales como guías, unidades didácticas, exposicións, pezas audiovisuais ou publicacións.
Formación
Organizamos procesos formativos para pór en valor a igualdade de xénero e a prevención da violencia machista.Tamén deseñamos procesos de apoderamento colectivo para mulleres. Empregamos metodoloxías activas e participativas partindo de propostas innovadoras e actualizadas.
Sensibilidades
Coordinamos campañas de sensibilización con impacto a nivel comunitario para a promoción dunha cultura da igualdade e da prevención da violencia machista. Traballamos en prol da conciencia social dende unha perspectiva participativa, tendo en conta a implicación dos diferentes axentes sociais.
Intervención psicosocial e coidados
Desenvolvemos servizos, programas e proxectos encamiñados a promover o benestar psicolóxico e social de persoas, grupos e comunidades. Facémolo dende unha perspectiva feminista, poñendo os coidados no centro, promovendo e facilitando cambios que conduzan a unha sociedade máis xusta e igualitaria e establecendo redes que faciliten o empoderamento.
Programas propios
Autoría: Tania Merelas Iglesias e Beatriz López Rey
Investigación-acción

Guías específicas

Plans e Estratexias Municipais de Igualdade
Procesos sociais participativos

Plans de Igualdade para empresas
Formación
Masculinidades non hexemónicas
Prevención de violencias na comunidade educativa

Formación para o persoal técnico e político da administración municipal
Prevención de violencias machistas nas familias
Sensibilidades
Campañas de sensibilización
Procesos de sensibilización e prevención
Intervención psicosocial e coidados

Atención e intervención en casos de violencia sexual

Protocolos de prevención e atención

Intervención psicosocial

Sexualidade