Avaliación do III Plan de Igualdade e formulación do IV Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

As políticas municipais de igualdade de xénero son unha prioridade para a nosa equipa de traballo. Este último trimestre de 2021 estaremos en faena para deseñar o plan de igualdade de Ferrol. Desta volta facémolo en sinerxía con dúas das mellores equipas: traballamos da man de Rexenerando para garantir un proceso participativo que inclúa a todas as voces; e contamos con Conxenia para que a imaxe favoreza a sensibilización e o achegamento da veciñanza.