Quen somos

Beatriz López Rey

Formo parte de Arabías dende 2018 e apoio as diferentes liñas de traballo da cooperativa, especialmente as de consultoría, formación, mediación e desenvolvemento comunitario.

Na actualidade estou realizando a miña tese doutoral centrada na implementación das políticas públicas locais contra as violencias machistas. Son licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Teño un máster en Xestión da Cooperación Internacional e das ONG pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén teño un máster de Formación do Profesorado na especialidade de Formación e Orientación Laboral pola Universidade da Coruña.

Son socia traballadora de Arabías, e desenvolvín a miña traxectoria profesional no ámbito da investigación social, da cooperación ao desenvolvemento e da formación profesional. Durante anos dediqueime a apoiar proxectos de investigación centrados nas políticas locais, especialmente nas de xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Esta experiencia dotoume das ferramentas necesarias para analizar a xestión pública e as políticas municipais dende unha perspectiva feminista. A miña bagaxe profesional tamén me levou a formar parte de procesos de participación e de construción do común en países do sur. O meu traballo en Colombia e Perú axudoume a saber máis sobre cultura de paz, dereitos humanos, liderados comunitarios e, especialmente, participación e construción de políticas de abaixo arriba co feminismo no horizonte. Teño experiencia como docente de formación profesional en intervención sociocomunitaria. Dende que iniciamos a aventura de Arabías, experimento cada día coa creación de proxectos integrais, interdisciplinares e innovadores que promoven a transformación social.

Investigadora predoutoral especializada en políticas públicas locais contra as violencias machistas. Licenciada en Ciencias Políticas, posgrao en Cooperación Internacional e Xestión de ONG.

Especialista en formulación, implementación, avaliación e transversalización de políticas locais de xénero. Experiencia en procesos centrados na participación cidadá e dereitos humanos. Formadora especializada en igualdade de xénero.