Formación centrada en igualdade de xénero dirixida a administración municipal

Dende Arabías ofrecemos formación especializada en xénero e políticas de igualdade dirixida a administración municipal. Contamos cunha plataforma formativa propia que facilita unha formación adaptada aos tempos e ritmos de traballo do persoal técnico, administrativo e de intervención social.

“Igualdade de xénero na administración municipal” é unha formación de 20 horas dirixida ao persoal técnico, administrativo, político e monitorado do Concello de Cedeira.

Trátase dunha formación integral para abordar elementos, conceptos e ferramentas que faciliten a transversalización do enfoque de xénero no noso día a día na administración municipal.