Cursos dispoñíbeis

O bo querer
"Non o deixes para mañá, se podes deixalo hoxe"
(Mujeres Creando)
Desigualdades nos usos dos tempos con enfoque rural
Esta formación ten como obxectivo de achegarnos ao concepto posicionado pola
economía feminista “novos usos do tempo” e que ten que ver coa idea de
posicionar “a vida no centro”. Cando se nomea esta expresión se fai referencia
á necesidade de pór en valor o traballo reprodutivo e os coidados fronte o traballo
produtivo e o mercado. Tradicionalmente a nosa sociedade construíuse baixo un
prisma que soamente puxo en valor o traballo produtivo e remunerado, deixando
invisible todos os traballos que teñen que ver co sostén da vida e que non
foron remunerados, aqueles que foron e son desenvolvidos maioritariamente por
mulleres. A través de este tema achegarémonos a alternativas e experiencias que
loitan por modelos de traballo conciliadores e corresponsables. Todos os materiais están atravesados polo enfoque de ruralidades, para decatarnos no contexto peculiar dos nosos territorios.

Formación especializada en igualdade
A
formación estará dirixida ao conxunto da comunidade, facendo especial fincapé
no persoal técnico, administrativo e político municipal e nas entidades e
tecido asociativo da cidade. Trátase dunha formación especializada de 65 horas de duración que combina varias técnicas: virtual, teleformación e presencial.
Os contidos abordados teñen que ver con establecer un marco previo
estrutural para logo incidir en elementos de relevancia nos estudos de xénero
de actualidade, tales como as violencias machistas, comunicación inclusiva e non sexista , economía feminista e novos usos do tempo ou diversidades e disidencias sexuais.

O Lavadoiro, rede veciñal San Sadurniño e Moeche
O Lavadoiro é un programa de prevención e sensibilización sobre a violencia machista que deriva na construción dunha rede veciñal de sororidade e axuda mutua.

A igualdade de xénero na administración municipal
"A igualdade de xénero na administración municipal" é unha formación dirixida ao persoal técnico e administrativo do Concello de Ferrol.
Trátase dunha formación integral para abordar elementos, conceptos e ferramentas para pensar en igualdade dende o noso posto de traballo.

A igualdade de xénero e a prevención da violencia machista na administración local
"Igualdade de xénero na administración municipal" é unha formación de 10 horas dirixida ao persoal técnico e administrativo do Concello de Irixoa.
Trátase dunha formación integral para abordar elementos, conceptos e ferramentas para pensar en igualdade dende o noso posto de traballo.

Itinerario 2. Formación para monitorado socioeducativo, deportivo e SAF
Este itinerario formativo está dirixido a monitorado socioeducativo, deportivo e SAF con responsabilidade na execución de programas municipais a nivel deportivo, cultural e de coidados.

Itinerario 1. Formación persoal técnico, político e administrativo
Este itinerario formativo está dirixido a persoal técnico, político e administrativo con responsabilidade na xestión e planificación das políticas públicas municipais.

