Investigación conciliación Narón

Dende Arabías poñemos moito empeño en investigar para coñecer a realidade e pasar a acción con máis responsabilidade. Nos últimos meses impulsamos un estudo centrado nos coidados, os tempos e a corresponsabilidade.

“Conciliación en tempos de COVID-19” é unha investigación impulsada polo Concello de Narón para coñecer o impacto da crise sociosanitaria xerada pola pandemia nas posibilidades de conciliación e corresponsabilidade das familias con menores ou persoas adultas dependentes ou con discapacidade ao seu cargo.