IV Plan de Igualdade de Ferrol: Unha cidade coidadora, inclusiva, igualitaria e libre de violencias machistas

Hai un ano que comezabamos un proceso intenso que deu seus froitos. Durante meses acompañamos ao CIM de Ferrol na avaliación do seu plan de igualdade e na formulación dun novo. Este camiño fixémolo xunto as compas de Rexenerando abrindo friestras á participación cidadá e á creación de espazos de traballo colectivo.
Os resultados publícanse no web de Ferrol, todo un proceso de traballiño que derivou na creación do IV Plan de Igualdade de Xénero que aposta por unha nova cidade:
 
Unha cidade coidadora, inclusiva, igualitaria e libre de violencias machistas
 
Podedes consultar o noso traballo nos seguintes enlaces:
Vídeo resumo do proceso participativo coa comunidade para construír o IV Plan de Iguladade
Vídeo resumo das mesas sectoriais de traballo co persoal político e técnico
O deseño gráfico e maquetación é de Conxenia
E os vídeos resumo de @maruxafilms
Un pracer de proxectos e de compañeiras!
Moitas grazas