O Lavadoiro Orzán

Volvemos a xuntarnos no O Lavadoiro do Orzán, arredor deste espazo imprescindible para identificar, reflexionar, prever e abordar a violencia machista. Un ano máis apostamos por un espazo virtual vivo, onde buscar e atopar información útil e directa. O Lavadoiro do Orzán é un espazo virtual feminista, onde atopar contidos, recursos e formación relacionada coa violencia machista e as masculinidades non hexemónicas.
Este mes de novembro lanzamos dúas formacións imprescindibles para avanzar cara a prevención e a abordaxe da violencia machista.
Por segundo ano consecutivo, impulsamos dúas formacións especializadas e integrais -con prioridade para veciñas e veciños da Coruña-.
BO QUERER
Unha formación virtual dirixida a mulleres para analizar os vínculos amorosos desde unha ollada feminista e promover a igualdade entre mulleres e homes a partir do botrato.
22 de novembro ao 17 de decembro (20 horas de duración)
HOMES CON XEITO. REPENSANDO AS MASCULINIDADES
Unha formación virtual destinada aos homes para reflexionar criticamente sobre a masculinidade hexemónica e poñer en cuestión as nosas praxes cotiás, fomentando unha implicación activa dos homes como aliados na promoción da igualdade.
22 de novembro ao 17 de decembro (20 horas de duración)
Máis info neste link
Este programa está financiado pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña