Ola!

Ola!

Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que actúa dende o ano 2018 no marco dos feminismos e da economía social deseñando e dinamizando procesos para a transformación social.

O noso traballo pretende contribuír ao avance da igualdade das mulleres en todos os ámbitos e á erradicación das violencias machistas, co obxectivo de acadar unha sociedade igualitaria que poña ás persoas e a súa vida no centro.

Para conseguilo, impulsamos procesos educativos, de investigación e intervención social que pretenden tecer redes de participación e cooperativismo tendo en conta a perspectiva de xénero en todos eles.

Facémolo acompañando a administracións públicas, a entidades e organismos do terceiro sector, a asociacións, a centros educativos e a empresas privadas.