Tania Merelas Iglesias

Formo parte de Arabías desde 2018 e apoio nas diferentes liñas de traballo que temos abertas, con especial atención ao proxectos que se enmarcan no campo da formación especializada, a consultoría e a coeducación.

Desde o ano 2018 a miña vida persoal e profesional está liga a Arabías e as persoas que forman parte desta familia. A cooperativa é un espazo interdisciplinar e coidadoso onde creamos, deseñamos e impulsamos procesos transformativos que teñen como eixo vertebrador a aplicación da mirada feminista.

Son doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, Licenciada en Pedagoxía (USC) e Diplomada en Educación Social (UDC). Teño un posgrao en xénero e políticas de igualdade. Teño un mestrado de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario.

Son socia traballadora de Arabías e desenvolvín a miña traxectoria profesional vinculada ao mundo académico e investigador durante a miña etapa predoutoral. O meu interese polo tempo de lecer como obxecto de estudo e a mirada feminista deron lugar a unha tese doutoral que pon o foco nos procesos de recuperación das mulleres en situación de violencia machista. Un traballo que culminou coa publicación do libro Comezar desde cero. Voces de mulleres recuperando as súas vidas.

A miña bagaxe profesional está vinculada a Fiadeiras, grupo de traballo en igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), onde colaboro, desde hai máis de 10 anos, con outras educadoras para integrar o enfoque feminista no noso entorno laboral.

Doutora en Ciencias da Educación, posgrao en Xénero e Políticas Públicas de Igualdade e diplomada en educación social.

Formadora especializada en igualdade de xénero e prevención de violencias machistas. Especialista en procesos de investigación – acción e desenvolvemento comunitario.