Que é?

EspadELA é unha escola de apoderamento feminista para mulleres que habitan o rural da provincia da Coruña, que busca fomentar a participación das mulleres na vida comunitaria a través de procesos de apoderamento persoal, social e político.

Xa desde finais do século XX, no marco da Plataforma de Acción de Beijing, establécese o empoderamento como un dos obxectivos estratéxicos da loita feminista, procurando aumentar a participación das mulleres nos espazos de toma de decisión e acceso ao poder. O apoderamento refire un proceso que se establece nunha dobre dimensión, individual e colectiva, e que garda relación coa superación de prácticas socioculturais que seguen perpetuando a desigualdade de oportunidades e valor entre mulleres e homes.

Neste caso partimos do traballo no plano persoal para introducir cambios que melloren as condicións de vida das mulleres do rural, coa intención de que estas mudanzas podan espallarse e compartirse nunha rede de sororidade e recoñecemento feminino. Coñecer as nosas capacidades, por en valor os nosos saberes e quefaceres, compartir e crear colectivamente, serán algúns dos proxectos arredor dos cales traballaremos en EspadELA, buscando promover a participación activa das mulleres a nivel sociocomunitario.

Por que esta escola se chama EspadELA?

A espadela é o intrumental máis miúdo que se utilizaba no traballo da transformación do liño. Tratábase dunha labor case exclusivamente feminina que consistía nun proceso longo e laborioso. O esforzo que requiría este procedemento de transformación do liño esixía o traballo en rede das mulleres, e por tanto, provocaba xuntanzas entre elas. Así, xerábanse espazos de traballo conxunto, encontros de solidariedade e reciprocidade.

Por iso decidimos que esta escola de empoderamento de mulleres do rural debía chamarse EspadELA: Unha escola que nace para crear espazos de comprensión, de formación e de intercambio de experiencias entre mulleres.

(Allariz-1930- serie “Os traballos do Liño” foto de José Suárez Fernández)

Para que?

A finalidade da escola é fomentar a participación das mulleres na vida comunitaria a través de procesos de apoderamento persoal, social e político.

Quen somos?

Arabías S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado, sen ánimo de lucro, que desenvolve procesos de apoio técnico especializado e consultoría no eido da igualdade entre mulleres e homes. EspadELA é unha liña propia lanzada pola cooperativa, co apoio financeiro da Deputación de A Coruña e a colaboración do Sindicato Labrego Galego que ten como público obxectivo as mulleres que habitan o medio rural.

Edicións
2021
IV Edición 2021

Esta edición desenvólvese en Ordes, Teixeiro e Sobrado. Esta edición vén marcada pola ampliación da escola, que se dividiu en dúas fases diferenciadas: primavera e outono de 2021.

As liñas formativas que se levaron a cabo foron:

Con Voz Propia

Con Voz Propia é unha liña de obradoiros na que paramos o tempo para pensar en nós mesmas, nas cousas que nos gustan e nos dan pracer, no que nos fai sentir ben… achegándonos un pouco ao autocoidado. Tamén pensamos en canto nos descoidamos e nas violencias e discriminacións que enfrentamos diariamente como mulleres no marco deste sistema patriarcal. E sobre todo, trazamos novos horizontes e proxectos vitais para avanzar na nosa felicidade, recoñecendo o legado que das mulleres que nos precederon.

Con Voz Propia 2021
Habitando o Noso Corpo

Habitando o Noso Corpo de EspadELA é un espazo para promover o autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional a través da conexión co noso corpo e co movemento auténtico.

Un obradoiro onde se traballa o fortalecemento do grupo, para que acolla esta expresión de nós mesmas sen xulgar, desde o afecto e a sororidade, desde o contacto respectuoso e a sincronía coas outras.

Habitando o Noso Corpo 2021
Saberes en Común

A construción social do xénero que coloca ás mulleres no “espazo privado” tivo como consecuencias a desvalorización e a invisibilidade na imaxe transmitida a todo o conxunto social e ás propias mulleres do auténtico papel desempeñado por elas. Todos os saberes que se adxudicaron ás mulleres foron tarefas que se consideraron dentro do ámbito da experiencia, non do coñecemento. Así, aínda a día de hoxe os traballos das mulleres permanecen infravalorados e non se profesionalizan.

Dende o obradoiro Saberes En Común de EspadELA pretendemos pasar desa invisibilidade á universalidade, que os saberes e os traballos desenvolvidos tradicionalmente por mulleres sexan recoñecidos polo seu valor para o conxunto da comunidade.

Saberes En Común, un espazo para aprender, compartir e medrar xuntas.

Saberes en Común 2021
2020
III Edición 2020

A terceira edición de EspadELA foi todo un reto, desenvolveuse nun contexto novo dominado pola crise sanitaria grazas a mulleres de Valdoviño, Cabanas e As Pontes. As liñas formativas que se levaron a cabo foron:

Con Voz Propia

Con Voz Propia é unha liña de obradoiros na que paramos o tempo para pensar en nós mesmas, nas cousas que nos gustan e nos dan pracer, no que nos fai sentir ben… achegándonos un pouco ao autocoidado. Tamén pensamos en canto nos descoidamos e nas violencias e discriminacións que enfrentamos diariamente como mulleres no marco deste sistema patriarcal. E sobre todo, trazamos novos horizontes e proxectos vitais para avanzar na nosa felicidade, recoñecendo o legado que das mulleres que nos precederon.

Con Voz Propia 2020
Enredadas

Enredadas aborda a fenda dixital de xénero dende un plano feminista e emocional. Ademais das ferramentas dixitais traballamos as razóns estruturais que nos levan a desigualdade no acceso á tecnoloxía, tendo en conta o xénero e a ruralidade. É nese intre, cando reflexionamos sobre o que sentimos e como podemos enfrontarnos a esta fenda para superar as barreiras que trae implícita.

Enredadas 2020
Habitando o Noso Corpo

Habitando o Noso Corpo de EspadELA é un espazo para promover o autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional a través da conexión co noso corpo e co movemento auténtico.

Un obradoiro onde se traballa o fortalecemento do grupo, para que acolla esta expresión de nós mesmas sen xulgar, desde o afecto e a sororidade, desde o contacto respectuoso e a sincronía coas outras.

Habitando o Noso Corpo 2020
Saberes en Común

A construción social do xénero que coloca ás mulleres no “espazo privado” tivo como consecuencias a desvalorización e a invisibilidade na imaxe transmitida a todo o conxunto social e ás propias mulleres do auténtico papel desempeñado por elas. Todos os saberes que se adxudicaron ás mulleres foron tarefas que se consideraron dentro do ámbito da experiencia, non do coñecemento. Así, aínda a día de hoxe os traballos das mulleres permanecen infravalorados e non se profesionalizan.

Dende o obradoiro Saberes En Común de EspadELA pretendemos pasar desa invisibilidade á universalidade, que os saberes e os traballos desenvolvidos tradicionalmente por mulleres sexan recoñecidos polo seu valor para o conxunto da comunidade.

Saberes En Común, un espazo para aprender, compartir e medrar xuntas.

Saberes en Común 2020
2019
II Edición 2019

A segunda edición de EspadELA colleu forma grazas a participación de mulleres de Betanzos, Moeche e Arzúa. As liñas formativas que se desenvolveron foron:

Con Voz Propia
Obradoiro para traballar arredor da autoestima, participación, liderado e prevención de violencias machistas. Este espazo formativo busca a conexión cun marco de interpretación feminista da realidade cotiá. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís a través dunha aproximación ao seu exercicio no marco do asociacionismo así como aos liderados femininos.
Con Voz Propia 2019
Enredad@s

Obradoiro para traballar arredor das novas tecnoloxías. Este espazo formativo aborda unha aproximación a posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

Enredad@s 2019
Habitando o Noso Corpo

A miúdo as mulleres antepomos as necesidades das demais persoas ás nosas eacabamos relegándonos ao último lugar das nosas prioridades na vida;desconectándonos do que sentimos, desexamos e precisamos.

O primeiro paso para descubrir que é o que sentimos, desexamos e precisamos éhabitar o noso propio corpo, isto quere dicir pararnos a escoitalo e a sentilo en todas as súas dimensións.

Por este motivo, propomos crear un espazo no que promover o autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional a través da conexión co noso corpo e co movemento auténtico. E isto non é posible sen un grupo que o sosteña, que acolla esta expresión de nós mesmas sen xulgar, desde o afecto e a sororidade, desde o contacto respectuoso e a sincronía coas outras.

Así a través da música, do movemento corporal, da relaxación e do contacto coas demais persoas conectamos co pracer de sentirnos, de expresar, de xogar, de danzar e de compartir.

Utilizamos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.

Naiara González Fontenla, formadora de EspadELA

Habitando O Noso Corpo 2019
2018
I Edición 2018

A primeira edición de EspadELA foi en 2018. Este espazo fíxose realidade grazas a participación de mulleres de Ordes – Oroso, Betanzos e Arzúa. As liñas formativas que se desenvolveron foron:

Con Voz Propia

Os tres obradoiros que integran a liña formativa “Con voz propia”, dentro da escola EspadELA, son espazos para a reflexión persoal e compartida. A través das propias experiencias, analizamos o que supón ser mulleres no rural hoxe en día. As discriminacións e os problemas que hai que enfrontar diariamente, os traballos asumidos no ámbito da privacidade do fogar e os coidados a persoas en situación de dependencia, e as violencias machistas que combatemos como activistas do cotiá, que dicía Guadi Galego. Tamén entran en xogo os soños e os retos vitais que cada unha se marca, os camiños que queremos transitar para dar sentido e benestar ao día a día.

Aprender a escoitarnos e coidarnos, desde un lugar de menos culpa e prexuízo, é un dos traballos que iniciamos. E nesta tarefa comprendemos que non estamos soas, outras mulleres transitan tamén o mesmo camiño e somos compañeiras. Amigas de loitas e sorrisos. Igualmente, recoñecemos o labor de outras mulleres ao longo da historia en distintos escenarios: na vida política, cultural e artística, na economía o na academia, por citar algúns exemplos. Os seus logros, perténcenos a todas porque son o alento para emprender a tarefa de integrar a igualdade real e efectiva entre mulleres e na das xeracións futuras.

Conectadas

O uso das novas tecnoloxías e os dispositivos dixitais de información supón a existencia dunha sociedade “conectada”, na que a inclusión dixital significa a integración que aumenta o benestar das persoas. En numerosas ocasións, as mulleres quedan á marxe deste proceso, e polo tanto, non aproveitan as vantaxes que proporcionan estas ferramentas. Neste sentido, a situación empeora cando falamos de mulleres que viven en contextos rurais e mulleres en idades avanzadas.

A fenda dixital de xénero supón un proceso de exclusión marcado pola desigualdade, a discriminación e o analfabetismo dixital. A barreira máis difícil de superar para as mulleres non é o acceso, se non máis ben o uso e manexo dos dispositivos. As innovacións requiren habilidades e destrezas específicas. Así, unha das estratexias para superar a fenda dixital de xénero é a formación centrada na alfabetización dixital que facilite a adquisición de habilidades para o uso das novas tecnoloxías adaptado ás necesidades, aos intereses e ás afeccións das mulleres.

“Conectadas” nace co obxectivo de ser un programa de inclusión dixital dirixido ás mulleres do rural que viven maiores desigualdades no que respecta ao acceso, uso e manexo das novas tecnoloxías. Ao longo das xornadas formativas sentimos como a fenda dixital de xénero, o illamento do rural galego e o desmantelamento de servizos públicos converxen nun contexto no que as mulleres sofren vulneracións de determinados dereitos. Referímonos ás dificultades que atopan á hora de acceder a determinados servizos públicos, á sensación de illamento nun escenario de desconexión e falta de comunicación, así como tamén á falta de autonomía para desenvolver certos trámites necesarios no día a día. “Conectadas” pretende incidir na necesidade de comunicarnos e no acceso e uso das novas tecnoloxías para o pracer, o desenvolvemento e a autonomía persoal.

Publicacións
Peza audiovisual

Todas as edicións de EspadELA vense atravesadas por un proceso de investigación participativa. O obxectivo último é dar voz as mulleres que son as protagonistas desta escola. Son elas as que reflexionan e falan.

Na primeira edición elaboramos unha peza audiovisual onde mulleres que construíron este espazo contan o seu día a día.

Coordina e impulsa: Cooperativa Arabías
Dirixe: Lucía Catoira Pan
Colabora: Sindicato Labrego Galego
Financia: Deputacion da Coruña

Historias de Vida

No ano 2019 EspadELA foi un dos proxectos seleccionados pola área de Igualdade e Cultura da Deputación da Coruña no marco do Concurso Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade.

Este recoñecemento implicou a elaboración dunha investigación que derivou nunha publicación para elevar a voz e para motivar a participación sociocomunitaria e política das mulleres do rural. Historias de Vida deu voz a seis mulleres que participaron da Escola, seis mulleres que compartiron as súas vidas nun foto libro.

Autoría: Tania Merelas Iglesias e Beatriz López Rey
Fotografía: Lucía Catoira Pan
Deseño e maquetación: María Álvarez Hortas
Revisión: Samuel Solleiro González

Historias de vida
Saberes en común

En 2020 e a partir do traballo realizado no obradoiro de Saberes en Común iniciamos un proceso de posta en valor dos traballos históricamente desenvolvidos polas mulleres no rural. Esta investigación participativa foi liderada polas mulleres de Valdoviño, Cabanas e As Pontes e derivou nunha pequena publicación.

Coordina e impulsa: Cooperativa Arabías
Imaxe e deseño: María Álvarez Hortas
Financia: Deputación da Coruña

Saberes en común
Vouvos contar unha cousa

“Vouvos unha cousa” é unha peza documental feita con moito coidado e agarimo no marco da escola EspadELA en 2021.

En marzo de 2020 as nosas vidas mudaron radicalmente. Comezamos a vivir nun contexto pandémico que provocou unha sensación de illamento, vulnerabilidade e medo.

Na edición de 2020, a escola non parou a súa actividade a pesar da pandemia, e mesmo evidenciuse a necesidade de contar con espazos propios e recuperar o encontro coas compañeiras. A escola EspadELA abriu as súas portas en Cabanas, Valdoviño e As Pontes. Despois duns meses complicados e dominados pola incerteza, as mulleres apostaron por xuntarse e crear grupos de resistencia.

Con este traballo queremos poñer en valor a vida cotiá e ás mulleres que sacan a diante o día a día, nos seus fogares, nos seus traballos, nas súas aldeas. E queremos contar tamén como están convivindo coa COVID-19.

A través dos ollos de Neves e Lena, e das súas verbas, procuramos a esperanza de camiñar xuntas cara un escenario onde celebrar a saúde e a vida, desde unha perspectiva feminista.

A Covid agravou a sensación de illamento e os problemas de mobilidade e transporte que teñen estas mulleres. A sensación de medo e as restricións afectaron para que a participación comunitaria fose a menos, provocando máis soidade.

O rural galego está condicionado por un desabastecemento de servizos, sobre todo aqueles que teñen que ver cos coidados. A falta de presencialidade nos servizos socio – sanitarios provoca que as mulleres aínda estean máis sobrecargadas de traballos invisibles, precarios ou non remunerados. Elas son as que coidan.

As vidas laborais das mulleres que viven no rural soen ser precarias, son elas as que asumen os traballos menos recoñecidos polo mercado laboral. A Covid xerou máis inestabilidade, máis probreza e máis vulnerabilidade daquelas que traballan na economía somerxida.

Nieves e Lena son exemplos de resiliencia e fortaleza. Os grupos de mulleres que se constrúen en EspadELA son grupos de axuda mutua e de confianza, onde entre todas aprendemos a superar barreiras e apostar polo comunitario e o colectivo.

Coordina e impulsa: Cooperativa Arabías
Dirección e fotografía: Lucía Catoira Pan
Financia: Deputación da Coruña

Este proxecto é financiado polo Programa de Subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero impulsado pola Deputación da Coruña.