Proxectos e publicacións
Proxectos propios
Proxectos que acompañamos
Presentamos unha escolla dalgúns dos proxectos que acompañamos:
Dende Arabías estamos especializadas no acompañamento de procesos de candidatura ao Selo de Cidades Amigas da Infancia de Unicef. Até o momento coordinamos este proceso nos concellos de Cabanas, Carnota e Moeche.
Traballamos dun modo coidadoso e con perspectiva de xénero. Estamos especializadas na elaboración de diagnoses, plans municipais de atención á infancia e no acompañamento na creación e dinamización do organismo de participación e de coordinación interna.
Na actualidade seguimos acompañando o proceso do CLIA de Moeche. Unha iniciativa exitosa que goza de continuidade e estabilidade. Este grupo de participación infantil leva catro anos creando espazos innovadores de participación e construíndo proxectos polos dereitos da infancia no seu municipio.
Dende Arabías estamos especializadas na elaboración de diagnoses municipais de igualdade de xénero, así como na formulación de plans municipais. Até o momento coordinamos a elaboración dos plans municipais dos concellos de Carnota, Rianxo, Ribadeo, Vilalba, Valdoviño e Cedeira.
Traballamos dun modo participativo para elaborar un estudo previo transversal, contando coa implicación do persoal municipal técnico e político, representantes dos axentes sociais e económicos do municipio e as mulleres e entidades feministas.
Unha vez que construímos o estudo previo poñemos en marcha espazos de reflexión para pactar un documento que fixe unha folla de ruta para os vindeiros catro anos. Tamén acompañamos na creación ou dinamización da Comisión Municipal de Igualdade, como órgano coordinador para a execución e o seguimento da implementación do plan.
Dende Arabías estamos especializadas na elaboración de diagnoses e plans de igualdade no ámbito laboral e protocolos de prevención e atención de acoso sexual e por razón de sexo en entidades do sector privado. Apoiamos técnicamente ás organizacións para cumprir a normativa legal vixente e incorporar o plan de igualdade no rexistro legal pertinente.
A nosa maneira de traballar parte dende un enfoque comprometido, responsable e participado. A creación da Comisión Interna de Igualdade é o eixo vertebrador para construír un documento negociado que parte dunha estratexia sensibilizadora. O noso obxectivo último é crear espazos transformativos que garantan organizacións sensibles ao xénero, aos coidados e á prevención do acoso sexual e por razón de sexo no ámbito laboral.
Publicacións
Historias de Vida
EspadELA. Escola de apoderamento feminista para mulleres do rural
EspadELA: Historias de vida é unha publicación que foi premiada no II Concurso de Ideas “Luísa Villalta” de Proxectos Culturais pola Igualdade da Deputación da Coruña. O libro xorde co obxectivo de darlles voz a mulleres do común que habitan as nosas aldeas.
Autoría: Tania Merelas Iglesias e Beatriz López Rey
Fotografía: Lucía Catoira Pan
Deseño e maquetación: María Álvarez Hortas
Revisión: Samuel Solleiro González