Que facemos
Deseñamos e pomos en marcha proxectos destinados a contribuír ao avance da igualdade de xénero en todos os ámbitos e á erradicación das violencias machistas en diferentes eidos.
Para poder dar resposta ao que facemos, a nosa tarefa estrutúrase en seis servizos:
Formación
Ofrecemos procesos formativos para integrar a perspectiva de xénero e a prevención da violencia machista na vida cotiá das entidades. Empregamos metodoloxías activas e participativas partindo de propostas innovadoras e adaptadas ás necesidades reais das persoas e organizacións. A formación pode ser presencial ou online a través da nosa plataforma formativa, e é posible crear formatos mixtos cando se desexe.
Que nos podes pedir?
- Formación e asesoramento para a incorporación da perspectiva de xénero e feminista en proxectos, programas, accións concretas ou no seo dunha organización.
- Formación e acompañamento no traballo coordinado e en rede para a abordaxe integral da violencia machista.
- Formación centrada en políticas públicas de xénero e acompañamento para pór en práctica a transversalidade de xénero nas entidades.
- Formación para o uso dunha comunicación inclusiva e unha linguaxe non sexista.
- Formación para a prevención da violencia machista.
- Formación mixta ou específica para homes sobre masculinidades non hexemónicas.
Consultoría
Deseñamos, executamos e avaliamos investigacións, diagnoses, estudos e plans de acción nos ámbitos socioeducativo e da igualdade de xénero. Establecemos pontes de unión entre a investigación e a formulación das políticas sociais, prestando unha especial atención á participación cidadá.
Que nos podes pedir?
- Investigación social.
- Formulación de plans e políticas en materia de igualdade de xénero.
- Incorporación da perspectiva de xénero.
- Mainstreaming de xénero.
- Fomento do cooperativismo.
- Asistencia técnica na creación e acompañamento de grupos, comisións ou consellos de participación centrados na igualdade de xénero.
- Asistencia técnica para o desenvolvemento de procesos participativos que dean voz á infancia e mocidade, con experiencia no programa “Cidades Amigas da Infancia” impulsado por Unicef.
Coeducación
Impulsamos procesos coeducativos dirixidos a toda a comunidade educativa. O noso obxectivo é crear procesos que teñan certa continuidade no tempo e logren cambios significativos nas persoas que acompañamos. A nosa metodoloxía está baseada na investigación-acción-participación. Traballamos creando espazos de reflexión onde desenvolvemos un papel facilitador para que as crianzas, adolescentes ou adultas se apropien das ferramentas de cambio.
Que nos podes pedir?
- Obradoiros coeducativos dirixidos a primaria, secundaria e bacharelato.
- Obradoiros coeducativos dirixidos a familias.
- Obradoiros coeducativos dirixidos a profesorado.
- Procesos participativos centrados na cultura en igualdade e na ética dos coidados que teñan impacto no centro educativo.
- Creación de materiais educativos e formativos dirixidos a profesorado (guías, unidades didácticas, decálogos…).
Intervención social
Desenvolvemos programas e servizos encamiñados a promover o benestar psicolóxico e social de persoas, grupos e comunidades, especialmente daqueles que se atopan nunha situación de desvantaxe. Facémolo desde unha perspectiva feminista, poñendo os coidados no centro, promovendo e facilitando cambios que conduzan a unha sociedade máis xusta e igualitaria e establecendo redes que faciliten o apoderamento feminista.
Que nos podes pedir?
- Dinamización de espazos grupais de intervención psicosocial para mulleres.
- Programas e proxectos de prevención da violencia machista.
- Programas e proxectos de apoderamento para mulleres.
- Programas de apoio a mulleres coidadoras, tanto formais como informais.
- Intervencións e propostas no eido da intervención psicosocial e comunitaria na igualdade.
Desenvolvemento e mediación comunitaria
Poñemos en marcha procesos participativos para promover transformacións sociais. Traballamos desde a facilitación comunitaria, deseñando e xestionando procesos grupais e colectivos que incorporan metodoloxías dinámicas e innovadoras. Empregamos a etnografía, recuperando a historia e os saberes das mulleres como fonte de aprendizaxe colectiva.
Que nos podes pedir?
- Programas de facilitadoras comunitarias para a prevención da violencia machista.
- Programas de recuperación da memoria e os saberes das mulleres.
- Fomento da participación comunitaria, con especial atención á poboación feminina.
- Impulso de procesos participativos centrados na identificación, a prevención e a análise da violencia machista que se reproduce no espazo público.
- Acompañamento en procesos participativos orientados á adolescencia e á mocidade para reflexionar a partir das artes e da cultura en igualdade.