EspadELA 2022: un proxecto vivo que se renova

Este ano 2022 arroupa a V Edición de EspadELA, un proxecto de apoderamento feminsita que desenvolvemos dende a cooperativa Arabías e financia a Deputación da Coruña. Como os outros proxectos e iniciativas de Arabías, EspadELA é un proxecto con vida propia que se adapta aos tempos, á comunidade e ao territorio.

Así, este ano renovamos a escola e incorporamos unha nova liña de acción.

A nosa escola de sempre vai viaxa até Cambre e Carral. Todos os martes de outubro e novembro de 16 a 18h estaremos traballando sobre tres obradoiros:

Con voz propia: Obradoiro para traballar arredor da autoestima, da participación, do liderado e da prevención de violencias machistas. Abórdase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís.

Habitando o noso corpo: Obradoiro para traballar arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o goce e o autocoidado.

Saberes en común: Obradoiro para recuperar e poñer en común de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan.

E en paralelo este ano xuntamos enerxías para crear un espazo de pensamento e reflexión. Queremos xuntarnos para pensar e construír desde o rural, unha comunidade coidada e coidadosa que sosteña “vidas que merezan a pensa ser vividas”. Así, convocaremos unhas xornadas intensivas onde pensar sobre o feminismo e o rural galego.

Convidámosvos a todas formar parte desta rede que é EspadELA.