EspadELA, trenzar rural e feminismos

No marco da nosa escola, este ano imos a desenvolver EspadELA, trenzar rural e feminismos, un espazo de pensamento e de reflexión-acción ao redor do feminismo na realidade rural galega. Un espazo onde escoitarnos, tecer redes sororas, pensar e construír xuntas desde os feminismos.  Pensamos que é fundamental compartir perspectivas desde diferentes voces (mulleres, profesionais, entidades, activistas vencelladas co mundo rural) sobre cal é o estado actual do rural galego desde unha mirada feminista, que iniciativas se están poñendo en práctica e cales son os principais retos, para, desde aí, xuntar enerxías, mans e ideas para o futuro.

A xornada está planificada para o día 19 de novembro pola mañá no concello de Cambre. Está previsto que a xornada de inicio ás 10 da mañá e finalice ás 15 horas.

Ao longo da xornada contaremos con diferentes espazos que serán do seguinte xeito:

  • 10 h – Acollida (Benvida e presentación da xornada)
  • 30 – Miradas (Café-diálogo Marola Mourelo de Ffotoeduca)
  • 30 – Conversas (María Ferreiro da Secretaría das Mulleres do SLG, Olga Romasanta de Rexenerando, Noelia Darriba de Atalaias e Araceli Macías de Outonía)
  • 30 – Descanso
  • 30 – Trenzadas (Laboratorio de traballo: pensamento, mapeo e acción)

O traballo das xornadas derivará nunha publicación onde rescatar e visibilizar todo o conversado. A idea é que sexa unha publicación que plasme o traballado e que transmita o mapa das iniciativas que se están a levar a cabo no contexto rural galego.

A participación é de balde, e para facelo é necesario inscribirse neste link de inscrición