Servizo de atención psicolóxica do Centro de Información ás Mulleres nos concellos de Valga e Moraña

Este verán comezamos a nosa intervención no CIM de Valga-Moraña realizando o acompañamento psicolóxico personalizado ás mulleres destes concellos e dos limítrofes dende unha perspectiva feminista e de botrato. Acompañamos na resolución dos problemas e conflitos persoais e relacionais que se dan en diferentes situacións vitais, arroupando os procesos de apoderamento, liberación e recuperación da violencia machista no eido da parella.